Política Covid
O centro de educación Colexio San Jorge garantiza que no centro cúmprense con tódalas medidas COVID indicadas polo ministerio de España e as autoridades sanitarias.
Todas as medidas recollidas neste protocolo poden ser obxecto de revisión continua en función da evolución do risco sanitario e das decisións que as autoridades sanitarias autonómicas e estatais adopten. Estas medidas iranse actualizando cando sexa necesario, se os cambios na situación epidemiolóxica así o requieren, e sempre seguindo as indicacións das autoridades sanitarias.
Medidas Adoptadas
-
Indicacións de membros del Colexio de San Jorge como equipo COVID.
Director Francisco Collantes Carollo Xefa de estudos Gloria Posse Costas Orientadora Concepción Fernández Martínez -
Especificación de Centro de Saúde de referencia: "Centro de Salud Vite" Doctor Vaqueriza.
-
Determinación do espazo de illamento COVID e dos elementos de protección que inclúe. Espazo de uso individual para illar a aquelas persoas e alumnos nas que se detecten síntomas, mentres non se xestiona o seu traslado. Conta coa ventilación axeitada, máscaras, solución hidroalcohólica, material viricida, papeleira de pedal, panos desbotables e luvas
-
Fixación de número de alumnos por nivel e etapa educativa.
-
Determinación dos grupos estables de convivencia (infantil e primaria) e dos colaborativos na etapa de infantil, con asignación da aula, do alumnado, do profesorado que exerza a titoría e os especialistas que impartan materias ao grupo.
-
Medidas específicas para os grupos estables de convivencia, con inclusión de medidas adaptadas á realidade do centro e do grupo. Tanto en Educación Infantil, como en Educación Primaria constituiranse grupos estables de convivencia, segundo a ratio profesor/aula. Tratarase de reducir o número de profesorado por aula, mantendo o titor co número máximo posible de alumnos. Non poderá haber interaccións cos outros grupos. Cada grupo estable de convivencia terá as súas zonas e quendas definidas por horarios, podendo conseguir, nos grupos dos pequenos, o movemento libre dentro da aula. Os movementos dentro do Centro reduciranse ao mínimo e sempre coa máscara e respectando a distancia mínima de seguridade entre o alumnado.
-
Canle de comunicación para dar a coñecer ao equipo COVID os casos de sintomatoloxía compatible, as ausencias de persoal non docente e profesorado e para a comunicación das familias co equipo COVID para comunicar incidencia e ausencias.
-
Fixación de procedemento de rexistro de ausencias do persoal e do alumnado. Rexistro de ausencias do persoal: Folla de validación da xornada lectiva. Ante a existencia da sintomatoloxía do Covid, comunicación da forma habitual. Rexistro ausencias do alumnado Haberá un cadro de rexistro das ausencias para os efectos do protocolo, para a prevención e control do absentismo escolar e do número máximo de faltas de asistencia permitidas. As ausencias derivadas da aplicación das anteriores medidas consideraranse sempre xustificadas, non sendo preciso o xustificante do facultativo para a súa acreditación. Tanto as familias como o persoal comunicarán a ausencia, vía telefónica ou vía email. Todas as aulas comunicarán á Dirección do centro as faltas diarias do alumnado vía email.
-
Procedemento de comunicación das incidencias ás autoridades sanitarias e educativas. EduCovid
-
Bosquexo da situación dos pupitres nas aulas ben de xeito individual ou bosquexo xenérico que sexa reproducible nos restantes espazos. Identificación da posición do profesorado.
-
Identificación doutros espazos ou salas para asignar grupos, cando o tamaño da aula non o permita.
-
Determinación das medidas para o uso de espazos de PT e AL, departamento de orientación ou aulas especiais do centro. Modelo de cuestionario de avaliación de medidas como anexo ao Plan. Cada aula de PT e AL cumpre coas medidas para garantizar o distanciamento do alumnado. Extremaranse os protocolos de limpeza por tratarse de aulas de uso máis compartido. Nestas aulas é obrigatoria a hixiene de mans nas entradas e saídas. O material deberá ser desinfectado ao inicio da actividade e unha vez rematada a clase, tanto cun alumno ou cun grupo. É obrigatoria a máscara e a pantalla para este profesorado. É obrigatoria a ventilación no cambio de nenos ou grupo.
-
Determinación dos xeitos de utilizar titorías coas familias. Priorizarase a comunicación por email, teléfono ou videochamada con cita previa.
-
Canles de información ás familias e persoas alleas ao centro (proveedores, visitantes,…) Serán informadas a través das contas de email, da páxina web do centro, teléfono ou vía WhatsApp.
-
Uso de máscara no centro. É obrigatorio para os mestres usar máscara de protección. O Centro recomenda ademais o uso das viseiras protectoras. O Centro contará con máscaras para poder repoñelas por calquera necesidade ou cando alguén manifeste síntomas. Obrigatorio máscara de protección para os alumnos a partir de 1º de Primaria. Obrigatoria a máscara para a circulación polas zonas comúns. Será obliga do alumnado levar unha 2ª máscara e un estoxo específico para ela. Recoméndanse máscara aos alumnos de infantil, aínda que quedará á decisión dos pais. Nas aulas de infantil haberá un purificador de aire con filtro HEPA
-
Información e distribución do Plan entre a comunidade educativa (Profesorado e persoal do centro, pais e nais, ANPA e membros do consello escolar)
-
Asignación de tarefas ao persoal de limpeza, espazos e mobiliario a limpar de xeito frecuente. Contarán con un cadro para anotar as horas de limpeza de lugares, zonas comúns e superficies. Extremarase a limpeza e desinfección das superficies de maior contacto. Deben realizarse tarefas de ventilación frecuente nas aulas.
-
Distribución horaria do persoal de limpeza e da alternancia semanal ou mensual das tarefas
-
Material e protección para a realización das tarefas de limpeza
-
Determinación dos espazos para a xestión de residuos. En todas as aulas existen colectores protexidos con tapa e accionados por pedal. A recollida dos residuos será 2 veces ao día
-
Rexistro e inventario do material do que dispón o centro. Xel hidroalcohólico e dispensadores, Máscaras, elementos de sinalización, alfombras hixienizantes, luvas, pantallas e lentes de seguridade, panos desbotables, papeleiras de pedal, mamparas para o seu uso no comedor
-
Determinación do sistema de compras do material de protección.
-
Procedemento de distribución e entrega de material e da súa reposición.
-
Levarase a cabo as medidas indicadas polas autoridades sanitarias remitidas no Plan de continxencia, tras a aparición dun caso confirmado da Covid 19.
-
Fixacion de persoas que realizarán as comunicación das incidencias á autoridade sanitaria e educativa.
-
Canle de petición das solicitudes de supostos de vulnerabilidade. A valoración da vulnerabilidade do persoal e a consecuente baixa quedará á decisión do médico de cabeceira de cada un.
-
Determinación das entradas e saídas, organización das mesmas con horarios:
-
Regulación da entrada de acompañantes do alumnado.
-
Limitaranse as visitas dentro do Centro dos acompañantes ao mínimo posible.
-
Os pais teñen que tomarlle aos nenos a temperatura na casa e realizar a enquisa do Anexo I “Enquisa de Autoevaluación clínica do Covid-19”.
-
NON poden vir con febre ao Centro. Os pais asinarán unha declaración responsable. Anexo.
-
Os alumnos serán deixados na porta por un adulto, obrigatoriamente, con máscara ambos, e o persoal complementario axudará e dirixirá aos nenos á aula.
-
O alumno entrará no centro coa máscara, fará a limpeza con xel de mans, e tamén fará a desinfección dos pés nas alfombras. O persoal, na porta, valorará se ten que tomarlle a temperatura.
-
Haberá profesorado distribuído nos cruces e polas escaleiras para axudar a manter as distancias e favorecer a circulación.
-
O titor estará na aula para recibir aos nenos, e hixienizarlle as mans se así o valora.
-
Manterase un fluxo controlado respectando as distancias de seguridade na entrada e saída dos alumnos, evitando o cruzamento.
-
Rogamos unha estricta puntualidade respectando as quendas nas entradas e saídas para evitar situacións de risco por contaxio.
-
As entradas e saídas serán diferenciadas e escalonadas segundo o grupo estable de convivencia, por aulas, e con flexibilización do horario.
-
Determinación das portas de entrada e saída, da circulación no Centro educativo, núcleos de escaleiras, etc.
-
Previsións sobre a colocación de cartelería e sinaléctica no Centro.
-
Determinación sobre a entrada e saída de alumnado transportado
-
Asignacións do profesorado encargado de vixilancia
-
Programa de madrugadores. Seguirase o protocolo ordinario co engadido da prevención en materia de consumo de alimentos e coas medidas de distanciamento para o xantar.
-
Previsións para a realización de actividades extraescolares e posteriores ao servizo de comedor.
-
Determinacións para as xuntanzas de ANPAs e Consello Escolar. Sempre que sexa posible, celebraranse de xeito telemático.
-
Previsión de realización de titorías e comunicacións coas familias. Sempre que sexa posible serán de xeito telemático por videoconferencia.
-
Determinación de normas para a realización de eventos. Non se realizarán celebracións con grande afluencia de persoas mentres non mellore a situación da pandemia. No caso de realizarse cumpriríanse estritamente as medidas de prevención, distanciamento e aforos.
-
Establecemento de medidas de entrada e saída do alumnado transportado Á chegada ao Centro, a monitora acompañará ao alumnado usuario do transporte á porta principal, deixándoo ao cargo da persoa responsable. Entrarán con preferencia no centro ata a súa aula, coa máscara e mantendo a distancia de seguridade necesaria. Á saída, o alumnado do transporte esperará na súa aula a que a persoa responsable o vaia recollendo e guiando en ringleira ao autobús correspondente. Para facer uso do transporte deberán poñer máscara. Os monitores aseguraranse de que todos os ocupantes leven posta a máscara durante todo o traxecto e que cada usuario ocupe a praza asignada.
-
Establecemento de quendas para o uso de comedor.
-
Previsión sobre o persoal colaborador (debe ser o mesmo durante as diferentes quendas).
-
Previsión sobre o persoal de cocina e limpeza da mesma.
-
Previsións de espazos do centro tales como aula de música, informática, usos múltiples, ximnasio,… O profesorado especialista, como sempre, desprazarase ás aulas. Reducirase o movemento do alumnado polas diferentes aulas. Extremarase o protocolo de limpeza, por tratarse de aulas de uso compartido. É obrigatoria a hixiene de mans nas entradas e saídas das mesmas. Adaptarase a metodoloxía da aula, evitando a formación de grupos e minimizando o contacto con materiais. Na aula de informática faranse quendas de ocupación dos dispositivos, reutilizando a biblioteca coas tablets ou ultraportátiles.
-
Determinacións específicas para a materia de educación física. Á entrada e saída da aula será obrigatoria a hixiene de mans. Os exercicios serán individuais, minimizando o uso de materiais que teñan que ser usados por varios alumnos e procurando a limpeza e desinfección despois do seu uso. No caso da clase de educación física o uso da máscara será obrigatorio agás que se realicen no exterior, de maneira individual, a máis de 2 metros e que o uso da máscara resulte inadecuado ou imposibilite a práctica.
-
Regulación do proceso de cambio de aula ou visitas a outros espazos de uso educativo. Na medida do posible, o alumnado non cambiará de clase, agás nos supostos excepcionais. No cambio das aulas ou movementos ao recreo, manterán o distanciamento social entre eles e levarán a máscara.
-
Normas de uso da biblioteca. Usarase ata o 30% do seu aforo.
-
Asignación a grupos de aseo a alumnado. Acudirán por grupos de 5 segundo aforo e sempre coa máscara.
-
Determinación sobre o horario do recreo e división do mesmo. Dentro das medidas posibles a adoptar pola dirección do centro, atendendo a idades e peculiaridades do alumnado incluirase, de ser o caso, a redución da duración dos recreos ou a realización de recreos en aula, aínda que se priorizará a realización no exterior. O patio dividirase en 3 bloques fondo, medio e anterior. Sairán por quendas.
-
Cadro de profesorado de vixilancia e dos grupos de convivencia estable.
-
Previsións sobre metodoloxía na aula, uso de baños, e sobre o traballo en recantos e de uso do material da aula
-
Reducirase o traballo de mesa simultáneo de gran grupo, procurarase traballar de forma individual.
-
Reducirase o traballo cooperativo e as exposicións de material nas aulas.
-
Para o xogo en recantos, delimitase e organizase o seu uso de xeito individual, garantindo a desinfección posterior ao seu uso, tanto do espazo coma dos materiais.
-
Redúcence os xoguetes ou obxectos que non son estritamente necesarios.
-
Hixinizaranse todos os xoguetes despois do uso por cada neno, e deixaránse os libros en corentena.
-
Os aseos da zona de Infantil, e os dous primeiros cursos de Primaria serán os da súa planta.
-
Estableceranse quendas que garantan o lavado de mans ao inicio da xornada, ao fin da mañá, ao inicio e ao remate da tarde.
-
Previsión para os xogos e actividades, así como o tempo de merenda.
-
Medidas concretas en relación coa diferente tipoloxía de alumnado con NEE Na atención ao alumnado con necesidades educativas especiais recoméndase o uso das máscaras dentro e fóra da aula cando non se cumpra coa distancia mínima de seguridade. No caso de non poder facer uso da mesma optarase por pantallas ou mamparas así como a protección colectiva, establecendo grupos de convivencia estable formados polo alumnado do mesmo grupo docente e aula. Neste caso limitaranse as interaccións dos grupos. Organizarase o acompañamento do alumnado nas entradas, saídas, traslado polo centro e no recreo, así como na hixiene de mans, antes de comer ou naqueles casos que sexa preciso, dando sempre marxe ao desenvolvemento da súa autonomía. Asignación dun aseo no que se intensificará a limpeza e a desinfección.
-
Particularización das tarefas e medidas que o persoal docente e coidador debe de extremar en relación co alumnado.
-
Medidas para as reunións de profesorado, uso da sala de profesores e departamentos. Estableceranse as medidas que sexan oportunas en función do número de persoas e aforos dispoñibles. Existirán previsións para o uso de máquinas de vending ou cafeteiras.
-
Órganos colexiados (o centro incluirá previsións para acomodar ás situacións máis seguras a reunión dos órganos colexiados do centro mediante o uso, de ser o caso, de ferramentas de comunicación a distancia).
-
Formación en educación en saúde. Previsión de actividades que ao longo do curso se realizará co alumnado e unha previsión xeral do carácter transversal da prevención e hixiene fronte a COVID-19.
-
Difusión das medidas de prevención e protección, difusión das comunicacións que realice a Consellería de Sanidade e Educación.
-
Profesorados coordinador da xestión e dinamización das aulas virtuais, Abalar e coa UAC.
-
Previsións derivadas do documento “Instruccións de inicio de curso”.
-
Difusión do Plan
Documentación Descargable
Neste apartado encontránse documentos informativos dispoñibles relativos ás medidas adoptadas e información complementaria para as familias.
Avalada con magníficos resultados nas avaliacións internas e externas. Fomentamos e potenciamos as capacidades de todos os alumnos.