Educación Primaria
Esta é a etapa máis longa que os alumnos pasan no Colexio San Jorge. A nosa prioridade é garantir unha formación integral que contribúa ao pleno desenvolvemento da personalidade do alumnado.
A finalidade da Educación Primaria é facilitar aos alumnos unha aprendizaxe completa. A expresión e a comprensión oral, a lectura, a escritura, o cálculo, o hábito de convivencia, o sentido artístico, a creatividade ou a afectividade son algunhas das ensinanzas que adquiren os alumnos desde os 6 ata os 11 anos.
Tamén contamos con dúas aulas concertadas para necesidades educativas especiais.
45 Anos
de Experiencia
Apostamos por unha educación de calidade que teña en conta a individualidade de cada alumno.
Equipo
de Docentes
Contamos cun equipo de mestres cunha gran experiencia e vocación profesional.
Ensino
Plurilingüe
Dispoñemos dun Programa de Bilingüismo avalado polo Trinity College.
Aposta pola Innovación
Creemos nas las ferramientas dixitais como potenciadoras para alcanzar o éxito profesional.
Metodoloxía
Desenvolvemento
Nesta fase é onde se desenvolven a maioría das cualidades: hábitos de traballo individual e en equipo, responsabilidade no estudo, confianza en sí mesmos, resolución de conflictos...
Test de Desenvolvemento
Desde o noso Gabinete Psicopedagóxico ofrecemos orientación e apoio ás familias, profesorado e alumnado. Cada 2 cursos, realizamos un test de desenvolvemento psíquico para o control do alumnado.
Calidade Educativa
Ofrecemos aos alumnos todas as ferramentas necesarias para acadar o seu éxito laboral e social. O noso principal obxectivo é que accedan á Educación Secundaria plenamente confiados en si mesmos, coas capacidades de afrontar unha nova etapa educativa con ganas e sen medo.
Actividades Complementarias
É moi importante que nesta etapa teñan a posibilidade de probar e experimentar sensacións novas. Por isto, poñemos a disposición dos alumnos unha serie de actividades complementarias que se realizan no horario lectivo e que se adaptan ao ritmo de traballo de cada un dos alumnos.
Traballo en Equipo
O traballo en equipo é beneficioso para os alumnos porque obriga a intercambiar experiencias entre eles. Non só se aprende dos profesores, senón tamén dos propios compañeiros. É importante que aprendan a escoitar aos demáis, a ser críticos con eles mesmos e a resolver os conflitos, sempre desde a tolerancia e o respecto.
Proxecto Educativo Innovación
Educación Plurilingüe
En Primaria é onde se afianzan os coñecementos adquiridos en Infantil. Ademais de recibir formación diaria en Lingua Inglesa, onde empezan a coñecer a gramática, grafía e utilidade deste idioma, vaise ampliando o rol do Inglés como lingua vehicular.
A materia de Plástica impártese enteiramente en inglés, mentres que nas materias de Ciencias Sociais y Naturais increméntase o uso deste idioma paulatinamente ata 6º de Primaria, que termina por ser total.
Os nosos alumnos e alumnas finalizan Educación Primaria con competencias totais en castelán e galego, e con amplos coñecementos de inglés, sendo capaces de usar esta lingua en situacións cotiás e en contornas tanto físicas como dixitais.
Desenvolvemento Tecnolóxico
É importante que os alumnos entendan e saiban como utilizar as novas tecnoloxías, pero tamén que o fagan de forma responsable. Deben comprender o seu funcionamento e os principios técnicos que as moven para que podan abarcar todas as posibilidades que ofrecen e así integralas nas súas carreiras profesionais.
Cada ano imos mellorando e incorporando novos equipos e recursos ás nosas instalacións.
- Todas nosas aulas contan con encerado dixital.
- Temos unha aula de informática.
- En 1º y 2º de Primaria empezan a utilizar os Ipads.
- En 5º y 6º forman parte do Proxecto Abalar. Cada alumno ten un ordenador portátil para traballar na aula.
- Dispositivos Snappet como ferramenta para traballar contidos de diferentes áreas.
Avalada con magníficos resultados nas avaliacións internas e externas. Fomentamos e potenciamos as capacidades de todos os alumnos.
Actividades Extraescolares
As actividades extraescolares son un dos pilares relevantes do noso proxecto educativo.
Actividades Complementarias
Apostamos pola realización de actividades transversales que axuden a sentar as bases de todos os coñecementos.
Orientación e Apoio
Contamos cun departamento de expertos en psicopedagoxía que están ao servizo dos alumnos para axudalos nas dificultades de aprendizaxe que podan xurdir. Do mesmo xeito, traballan en colaboración cos profesores e a familia para a resolución de calquera problema.
Para cumprir co noso Plan de Convivencia, na garantía dun ambiente de respecto mutuo, nos últimos cursos de primaria, a orientadora dedica unha hora semanal a actividades dirixidas a mellorar as súas habilidades sociais.