
Educación Infantil
A etapa de Educación Infantil é un momento moi sensible para os nenos, xa que empezan a gañar autonomía e a adaptarse a rutinas e horarios. Isto debe tratarse con moito tacto e afectividade, respectando sempre os ritmos de cada un.
A finalidade da Educación Infantil é a de contribuír ao esenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nenos. É a base para crear un exitoso futuro, tanto académico como persoal, levado a cabo nunha contorna onde os alumnos se sintan cómodos e seguros.

45 Anos
de Experiencia
Apostamos por unha educación de calidade que teña en conta a individualidade de cada alumno.
Equipo
de Docentes
Contamos cun equipo de mestres cunha gran experiencia e vocación profesional.
Ensino
Plurilingüe
Dispoñemos dun Programa de Bilingüismo avalado polo Trinity College.
Aposta pola Innovación
Creemos nas las ferramientas dixitais como potenciadoras para alcanzar o éxito profesional.
Metodoloxía
Familiaridade
Diferenciámonos polo trato e a atención personalizadaa todos e cada un dos membros da nosa comunidade educativa.
O colexio é unha familia e, como integrantes da mesma, actuamos cando xurde un problema. A comunicación cos familiares é constante a través de titorías, reunións, charlas…
Explorar a Contorna
Durante o primeiro curso de educación infantil nos centramos en actividades lúdicas e de recoñecemento.
Pouco a pouco van observando e explorando a contorna que lles rodea: as aulas, os espazos, os profesores, os compañeiros... Permitindo desenvolver as súas capacidades afectivas.
Traballo por Proxectos
Trabállase co BP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos) utilizando unha metodoloxía activa. Pártese do máis achegado ao alumno, dos seus intereses, das súas motivacións… e a través dunha aprendizaxe significativa, xurde o coñecemento.
O neno é o propio construtor da súa aprendizaxe, e o protagonista. Trabállase sempre de forma lúdica, a través do xogo, experimentando, manipulando, ordenando, enumerando e clasificando obxectos e elementos da súa contorna.
Compañeirismo
Outro dos obxectivos fundamentais nesta fase educativa é a relación cos demais compañeiros. Adquirir pautas de convivencia e integración social que estimulen a aprendizaxe dos cativos.
Realizamos actividades grupais para que se coñezan entre eles e empecen a establecer lazos afectivos. Aprender a ser máis tolerantes, escoitar aos compañeiros, ser máis paciente e respectar quendas para falar… Aprenden todos xuntos incrementando o potencial creativo e imaxinario.
Aprender a Pensar
Ensinamos aos cativos a pensar e a razonar para que podan ser críticos con todos os aspectos que lles rodean e con eles mesmos.
Nesta fase educativa é moi importante que aprendan a adquirir progresivamente autonomía en todas as actividades habituais. Organízase a aula en equipo e por recunchos para compartir ideas, opinións, investigacións, creacións… etc.

Proxecto Educativo Innovación

Educación Plurilingüe
O mellor momento para iniciarse noutros idiomas é o período infantil. Ademais do galego e o castelán, os nenos e nenas teñen plenas capacidades para combinar a aprendizaxe co inglés.
Desde o primeiro curso asisten a sesións diarias de inglés cun profesor nativo. No último ano de educación infantil intensifícase o contacto co inglés para que podan acadar o primeiro curso de Educación Primaria con confianza, afrontando sen medo as materias que se imparten nesta lingua.

Desenvolvemento Tecnolóxico
Canto antes se familiaricen coas ferramentas dixitais, máis natural as irán incorporando á súa vida e ao seu proceso de aprendizaxe.
Cada ano imos mellorando e engadindo novos equipos e recursos ás nosas instalacións.
- Robots Next da editorial Edelvives. Con eles traballamos a lateralidade dos alumnos. Un elemento fundamental nas súas primeiras etapas educativas.
- Cos encerados dixitais comezan a establecer as rutinas e a familiarizarse coas letras e os números.
- Teñen dúas sesións de robótica.
- Tablets Dixitais. Potencian a lectoescritura, a estimulación cognitiva e o desenvolvemento da creatividade.
Contornas cómodas e seguras. Educación integral de calidade. Avalada con magníficos resultados.
Actividades Extraescolares
As actividades extraescolares son un dos pilares relevantes do noso proxecto educativo.
Actividades Complementarias
Apostamos pola realización de actividades transversais que axuden a sentar as bases de todos os coñecementos.