Líñas de Actuación
O Colexio San Jorge é moito máis que un centro de ensinanza. Ofrecemos unha educación de calidade nun clima de respeto, solidaridade e responsabilidade persoal.
Non só desarrollamos as capacidades individuais dos alumnos, senón que prestamos especial atención ás súas habilidades sociais e á súa maneira de integrarse, primeiro no grupo e despois na sociedade.
Formamos unha gran familia consolidada cuxo principal obxectivo é ofrecer unha formación integral de calidade, desenvolvendo ao máximo as capacidades de cada alumno.
- Familiaridade e comunicación
- Innovación pedagóxica
- Plurilingüismo
- Novas tecnoloxías
- Excelencia académica
- Educación en valores
- Atención á diversidade
- Actividades para todos
- Atención e titorías
Educación integral de calidade. Avalada con magníficos resultados nas avalaiacións internas e externas.
Obxectivos Principais
Nunca Deixamos de Aprender
Todo o equipo do Colexio San Jorge está en constante aprendizaxe para satisfacer as necesidades educativas do alumnado.
O gabinete psicopedagóxico esfórzase cada día para mellorar a adquisición de coñecementos dos alumnos, cos seus programas de Capacitación de intelixencias, Habilidades sociais e de Técnicas de estudo.
Hoxe en día, o máis importante é dotar ao alumno das ferramentas necesarias para “aprender a aprender”.
Cada Alumno Conta
Arredor de cada alumno hay unha rede de traballo permanente que atende ás súas necesidades específicas e favorece a súa integración no grupo.
O equipo docente traballa man a man co equipo psicopedagóxico e coas familias para detectar as dificultades individuais.
O noso firme compromiso coa atención á diversidade fai que o noso alumnado creza nun entorno de empatía, coidado e tolerancia.
Educación Transversal - Actividades Complementarias
Impulsamos proxectos educativos transversais de concienciación, educación en valores ou integración social.
A concienciación ecolóxica, o coñecemento do entorno e a nosa cidade, a igualdade e a paz, entre outros, non poden quedar fora da educación escolar.
Actividades Extraescolares
Ampliamos o programa educativo con actividades extraescolares que dan a oportunidade ao alumnado de aprender e formarse en disciplinas artísticas, idiomas e novas tecnoloxías.
As actividades extraescolares están pensadas polo noso equipo de expertos en pedagoxía para que cada alumno co seu grupo aula obteña un abanico completo de opcións e experiencias nestos primeiros anos da súa formación. Estas actividades axudan a complementar a formación e capacidades dos alumnos.