Idiomas
Profesores
Nativos
Sesións diarias con profesores nativos.
Trinity
College
Programa de Bilingüismo avalado polo Trinity College.
Aprendendo
desde os 3 anos
Empezan a aprender inglés desde educación infantil.
Metodoloxía
de combinación
Combinamos castelán, inglés e galego.
Educación Plurilingüe
No Colexio San Jorge facemos unha clara aposta pola aprendizaxe e idiomas desde as primeras etapas da educación. Consideramos que a aprendizaxe das linguas é un elemento fundamental para as futuras relacións sociais e profesionais.
O noso obxectivo é que os alumnos do Colexio San Jorge finalicen educación Primaria con plenas competencias lingüísticas.
Contamos cun sistema de aprendizaxe de contidos integrado en galego, inglés e castelán. O coñecemento de idiomas é un pilar fundamental para o seu futuro e tamén axuda ao desenvolvemento das súas capacidades.
A través do noso plan lector anual, achegamos aos alumnos obras literarias en castelán, galego e inglés, animándoos á lectura e ao uso da infraestructura da biblioteca como un lugar no que desenvolver a súa curiosidade e intereses, co apoio do material tecnolóxico dispoñible.
Inglés
No Colexio San Jorge poñemos todos nosos recursos á disposición da aprendizaxe do idioma inglés.
Actualmente, ademáis das dúas linguas oficiais no noso territorio (galego e castelán), os alumnos comezan desde as primeiras etapas da educación a aprender este idioma como un elemento fundamental para o seu futuro desenvolvemento.
Deste xeito o noso alumnado pasa os seus primeiros anos de aprendizaxe asimilando tres idiomas diariamente.
Na Educación Infantil teñen sesións diarias con profesores nativos, polo que o inglés será sempre algo familiar e próximo nas súas vidas. Traballan oralmente e coas distintas rutinas para que asimilen o vocabulario con accións diarias.
Na Educación Primaria, incorporarase ao inglés como lingua vehicular nas asignaturas de Plástica e Ciencias da Natureza, ata a inmersión completa en 6º de Primaria. Isto facilitará moito a adaptación ao estudo de varias asignaturas de complexidade maior en inglés cando accedan á secundaria.
Profesores nativos. Programa de Bilingüismo avalado polo Trinity College. Magníficos resultados nas avaliacións internas e externas.
Visítanos