Excelencia Académica
No Colexio San Jorge, levamos moitos anos esforzándonos ao máximo na educación do noso alumnado. O noso equipo docente e psicopedagóxico traballa constantemente para que os alumnos e alumnas desenvolvan ao máximo as súas capacidades e potencialidades.
O noso alumnado chega a La Salle con niveis de preparación superiores á media, e iso pódese apreciar nos resultados académicos e informes.
Premios e Recoñecementos
Probas Avaldía, da Consellería de Educación (XUNTA)
Ao finalizar 3º de Educación Primaria realízase unha avaliación individualizada a todos os alumnos donde se comproba o grado de dominio das destrezas, capacidades e habilidades na expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas.
Nos últimos 3 anos obtivemos uns resultados moi por encima da media. . A porcentaxe de alumnos excelentes é moi alta, mentres que o fracaso escolar redúcese ao mínimo.
Proba Avaliación Final de Educación Primaria, da Consellería de Educación (XUNTA)
Ao finalizar 6º de Educación Primaria con carácter muestral e só a nivel diagnóstico, realízase unha avaliación en 6º de primaria donde se comproba o grado de adquisición da competencia en comunicación lingüística, da competencia matemática e das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, con vistas á mellora da calidade e da equidade do sistema educativo.
No curso 2016-2017 fomos centro de mostra co aula de 6º de primaria cuns resultados de grupo medio alto.
Centro Piloto de aplicación TIMSS no ano 2019.
O Estudo das Tendencias en Matemáticas e Ciencias (Trends in International Mathematics and Science Study, TIMSS) é unha avaliación internacional de coñecementos de matemáticas e ciencias dos estudantes de 4º e 8º de todo o mundo.
TIMSS foi desenvolvido pola Asociación Internacional para a Avaliación do Rendemento Educativo (IEA), para permitir que as nacións participantes compararan o logro educativo dos estudantes a través das fronteiras.
No curso 2018-2019 fomos centro de proba con 4º de primaria. Quedando tanto nun área como noutra nun nivel alto.
Premio de Excelencia Educativa á Innovación Metodolóxica e de Programas concedido por Familias Mundi.
No ano 2019 foi concedido o premio de Excelencia Educativa á Innovación Metodolóxica e de Programas. Despóis de 45 anos traballando na formación integral do alumnado, premiouse toda a evolución do traballo desenvolvido e que se continúa elaborando para poñer o nome do centro entre os primeros da cidade.
Nos avalan máis de 45 anos de experiencia e uns magníficos resultados nas avaliacións internas e externas.
Visítanos